fotos | copla |
Entroido Xoaniña
2014 "O entroido dende o berce" Como xa sabedes en Xoaniña o Entroido é unha festas que nos gusta especialmente. Este ano decidimos facer unha homenaxe á xente do mar e caracterizarnos de peixeiras e mariñeiros con un toque cantareir@.....que non falte a música. Ademáis do desfile co resto dos centros de educación este ano participamos no domingo de Entroido polas rúas de Salceda (aprazado unha semana polas inclemencias do tempo). E ahí estivemos!!!! encabezando o desfile cantamos entre outras a "Carolina"e "Catro vellos mariñeiros" moi ben acompañados polo gaiteiro e as pandereteiras. Estabamos todos os que puidemos ( os pequen@s xoaniñas, pais e nais, avós, tíos, irmáns maiores e pequenos, profes). E pasámolo ben, moi ben. Grazas pola colaboración desinteresada de tod@s..... Grazas a tod@s por ser Xoaniña |