Dende Xoaniña queremos felicitar á organización  da gala benéfica a favor de Síndrome de Rett celebrada o pasado 31 de Marzo en Salceda. E mostrar todo o noso apoio ás familias que conviven día a día con persoas que padecen algunha enfermidade. E por suposto aos  afectados por esas enfermidades.
Esta gala demostrou que, pese a correr malos tempos, a solidariedade é algo que non se ve afectada.
Tamén queremos agradecer a tódolos integrantes da comparsa " O Entroido dende o berce" a súa solidariedade.. Xa que, por unanimidade, decidiron ceder a compensación  recibida por participar no domingo de Entroido en Salceda a esta boa causa.
Moitos como os reunidos nesa gala poderemos facer un mundo mellor.

                                                    !AINDA HAI ESPERANZA!