O 23 de
maio foi o día escollido para "A Senda de Xoaniña".
Reunidos para pasar unha
agradable mañá, rodeados de natureza
e aire puro, participaron
pais, nenos e nenas e todas as
que formamos
Xoaniña.
Guiados por unha
coñecedora da zona ademais de gran deportista,
quen xa colaborou en outra
ocasión con Xoaniña en temas
relacionados co
deporte, Begoña
mostrounos durante unha hora,
aproximadamente, os arredores
de Salceda, comenzando no
instituto Pedrasrrubias ata chegar o
Penedo Redondo,
donde fixemos unha parada
para repoñer enerxía
tomando unha froita e algo de doce.
Ademais fixemos un pequeno
sorteo con agasallos entre
tódolos participantes.
De volta ó punto de
partida, para rematar a excursión, todo foron risas e bo humor.
Dende Xoaniña
queremos agradecer a exemplar participación de todos, nenos e
nenas e pais, nesta xornada
cargada de enerxía positiva,
agradable compañía e
natureza .
Gracias sempre por
permitirnos facer realidade todo o que emprendemos.
Aquí vos deixamos
unha fotos do día.